Xaneiro. 2020

A Cuarta Ola.
Contra a violencia sexual.

Auditorio. O Vello Cárcere de Lugo

Teresa Lozano (Actriz e xornalista)  Ι   Zua Mendez (Actriz e humanista)

Towanda Rebels é unha canle de comunicación feminista formada por Teresa Lozano e Zua Méndez. Ambas defínense como activistas, comunicadoras e, sobre todo, amigas, que un día decidiron romper o silencio e comezar a falar e escribir sobre a opresión da muller co fin de acelerar a súa liberación en todos os ámbitos. O seu “espertar feminista” pasou polas redes sociais onde, segundo din, coñeceron a grandes mulleres que lles ensinaron o camiño e lles fixeron saber que a igualdade real era un espellismo, unha “mentira capital” que venderan e que elas, como fillas dunha sociedade formalmente igualitaria, creran. Así, tomaron conciencia de que as cousas que lles sucederon na vida e que seguían sucedendo diariamente (tanto a elas como a millóns de nenas e mulleres) eran o resultado dun sistema patriarcal e decidiron que tiñan que facer algo ao respecto. Comezaron a traballar facendo activismo coas ferramentas ao seu alcance: un móbil, un ordenador para editar, redes sociais e o máis importante, milleiros de ideas e un desexo de comunicarse e cambiar o que lles removia no máis profundo.

Share This