Abril. 2018

Un ciclo sobre as drogas no cinema

Auditorio. O Vello Cárcere de Lugo

O cinema é un arte capaz de desenvolver un relato que serve

para abordar os conflictos sociais, que amosan e contextualizan

determinados comportamientos da man duns personaxes que se

relacionan entre sí e dan lugar a unha historia.

A través desas historias o espectador adolescente pode descubrir

xeitos de vivir, situacións e dificultades similares ás que eles experimentan,

sentirse reflectidos nas conductas ou descubrir claves

de comportamentos que respondan a retos vitais.

O cinema relacionado coas conductas adictivas desprega toda

unha serie de cuestionamentos asociados que incide directamente

na problemática xuvenil: a alimentación, problemas de saúde,

educación afectiva sexual, a soidade o illamento, etc.

O cinema, ao amosar este tipo de narrativas, convértese nun

medio idóneo para que as mozas e mozos perciban, detecten e,

despois, reflexionen, sobre ó que se ve na pantalla, sendo as películas,

por tanto, unha ferramenta útil e efectiva de aprendizaxe.

Share This