Febreiro. 2020

Sociedades coeducadoras:
propostas feministas para a educación.

Patio. O Vello Cárcere de Lugo

Profesora na Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de A Coruña. Inicia a súa experiencia profesional como educadora, traballando en dous centros destinados a menores en conflicto social e dependentes da Comunidade Autónoma Galega (1985-2001). Doutora en Psicopedagoxía, desde hai 20 anos exerce como profesora na Facultade de Ciencias da Educación (UDC), impartindo, entre outras, as materias “Educación de menores en desprotección e conflicto social” e “Xénero, Igualdade e Educación”, no Grao en Educación social. As temáticas abordadas na docencia e na investigación xiran sobre dous eixos. Por unha banda, a urxente necesidade da incorporación dos saberes producidos polo femenismo en tódalas institucións educativas; e, por outra, o estudo dos efectos inxustos das prácticas educativas nas infancias en desprotección social e na xustiza xuvenil. Así, o compromiso crítico ante as desigualdades sociais e a institucionalización de privilexios, nos diferentes ámbitos socioeducativos, constitúen o seu traballo habitual, parte importante da súa vida.

Share This