[vc_row][vc_column width=»1/4″][vc_single_image image=»6909″][/vc_column][vc_column width=»3/4″][vc_custom_heading text=»Quién soy» font_container=»tag:h2|font_size:20|text_align:left|color:%23000000″ google_fonts=»font_family:Open%20Sans%3A300%2C300italic%2Cregular%2Citalic%2C600%2C600italic%2C700%2C700italic%2C800%2C800italic|font_style:300%20light%20regular%3A300%3Anormal»][vc_column_text]Son Sonia Ramos Galdo, Project manager e inxenieira de enerxía sustentable cun amplo coñecemento das innovacións tecnolóxicas e os marcos de mercado.
Como consultora no Instituto de Energía Sostenible (ISENER), brindo asesoría técnica a empresas e administracións públicas sobre política enerxética e xestión da enerxía orientada ó desenvolvemento sustentable. O Máster en Energías Renovables, Máster en Ingeniería Industrial, Curso de Postgrado en Aplicaciones de la Ingeniería para el Desarrollo Humano, Curso Profesional en Smart Grids y Generación Distribuida e
outros cursos específicos, brindáronme un amplo coñecemento en tecnoloxías de enerxía renovable e eficiencia enerxética.
En 2017 obtiven o Certificado Internacional en Gestión de Energía pola Asociación de Ingenieros de Energía. En 2019 iniciei un Programa de Doctorado sobre e-cook no Instituto de Energía Solar da Universidad Politécnica de Madrid.
A miña capacidade para anticipar tendencias levoume, en 2005, a comezar a traballar no incipiente sector da enerxía solar fotovoltaica. O meus principais logros nos últimos 14 anos foron levar a cabo auditorías enerxéticas, dacordo coa Directiva 2012/27/ UE, en empresas nacionais e multinacionais de diversos sectores industriais, obtendo aforros potenciais de entre o 15 e o 20%; preparar ofertas técnico-económicas para licitacións nacionais e internacionais, obtendo a adxudicación en Convocatoria de donantes como a UE (EuropeAid). Participei no desenvolvemento de instalacións solares fotovoltaicas en España cunha capacidade de máis de 3 GWp e deseñei, entre outras, instalacións fotovoltaicas para dous pobos en Exipto. Con ISF-Apd (ONGAWA) en Mozambique, ofrecimos servizos básicos de enerxía a 18 centros de saúde brindando acceso a
atención médica axeitada a máis de 180,000 persoas. Ademáis, aseguramos a sustentabilidade do proxecto ó traballar estrechamente coa administración pública do país.
Actualmente, superviso o deseño de obras eléctricas para 44 centros de saúde en Sierra Leona nun proxecto de acceso a enerxía solar desenvolvido por UNOPS.
Pola miña experiencia internacional, domino o inglés e o portugués. O español é o meu idioma nativo.
As miñas habilidades de proactividade, pensamento crítico e comunicación escrita permitíronme establecer unha colaboración regular co principal xornal de España, El País, dentro da Red de Expertos en Objetivos de Desarrollo Sostenible.
Unha das situacións máis difíciles que supereifoi a adaptación como muller blanca occidental a un contexto tan difícil como o de Angola despois do conflicto. Cheguei só 6 anos despois do final do conflicto armado. Foi difícil atopar o meu lugar. Esta experiencia puxo a proba a miña empatía, a miña tolerancia e a miña capacidade
para superar as dificultades. Fíxeno coa axuda dunha escoita activa das necesidades sociais, cuestionando os meus medos e liberándome de numerosos prexuizos. Esta experiencia deume a coraxe e a capacidade para asumir riscos, fortaleza, adaptabilidade, perseverancia, madurez e ambición no meu desenvolvemento persoal e profesional.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]