[vc_row][vc_column][vc_custom_heading text=»O poeta en tránsito
Por Lía Valta» font_container=»tag:h2|text_align:center» google_fonts=»font_family:Hind%3A300%2Cregular%2C500%2C600%2C700|font_style:400%20regular%3A400%3Anormal»][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/6″][/vc_column][vc_column width=»2/3″][vc_column_text]O poeta voa co poema ou flúe co poema ou reflicte co poema algo que non está, polo menos aínda non está, seica non estea nunca. Aquelas e aqueles que camiñan en procura do coñecido atopan outra cousa, que pode abrir ou pechar, depende. De onde queiramos chegar, de onde estemos dispostos a que nos leven.
***
¿Que hai neste libro, que semella un comezo, ou case unha actitude, un estado determinado das cousas en consonancia co estado de quen o escribe?
Encontra cousas, poemas e textos influidos por cousas moi distintas, todo o que a min me emociona ou me motiva… O que pasa é que, claro, ás veces é dificil de explicar esto así en profundidade, entón o que fas e que trazas un relato máis lineal e asumible, para non aburrir (aberto riso). Pero hai moitas influencias que están plasmadas ahí, moitas delas implicitamente, porque paréceme que o asunto é, o meu xeito de facer é, intentar, de entre todas aquelas cousas que me gustan, que me emocionan, na música ou na escrita, na escrita – eu o entendo como un campo máis amplo do estrictamente poético, estou referíndome ás letras de cancións, ás obras doutros xéneros literarios que ao millor non teñen que ver coa poesía, a performance de xente variada –, todo iso intento volcalo pero implicitamente, é dicir, intentar interiorizar esas cousas que a mín me parece que son interesantes para un escritor ou para un poeta e dalgún xeito interiorizalas, pero trascendelas un pouco coa miña experiencia persoal e coa miña observación.
Aí hai moitas letras do blues antigo, moito de rock, pero despois hai moitas outras cousas, da poesía tamén, de Vicente Huidobro, que me encanta, os surrealistas, a vangarda, pero tamén as letras de Boris Vian, os seus textos e de George Perec, Nicanor Parra, a antipoesía de Nicanor Parra, que hai moito humor co que me identifico… Moitas cousas do cine tamén, por exemplo, ese poema que premiaron hai pouco (O blues do Rei Bergman BB King) sen ser eu un gran fanático de Bergman (vigoroso riso).
Quero dicir que ás veces todo exerce unha influencia… O que encontrarán é a unha persoa intentado volcar as súas emociós a través das súas influencias.
“Los poetas a quienes vale la pena leer suelen tener creencias que su época no comparte. Los poetas son siempre anacrónicos, obsoletos, anticuados y permanentemente contemporáneos”. Charles Simic. “El monstruo ama su laberinto”.
Algunha xente che achaca que uses en partes do libro formas que entenden xa superadas como o da rima, que sucede que para min é un xeito de rebelarse contra o que hai, eu non son alleo as formas dominantes da poesía de hoxe, en canto a estrutura dun libro de poemas, a súa extensión, o xeito de escribir a maioría pero eu non escribo para estar en consonancia cunha maioría, estou buscando outra cousa, entonces eu téñome que valer de todo aquelo que, unicamente baixo o meu criterio me motive. Por exemplo, nese sentido, no uso da rima, que é un trazo clarísimo nalgúns poemas da primeira parte do libro, sí que asumo as palabras de Simic de que son un poeta (risos abertos, expansivos) anacrónico, aínda que xa pongo o poema cun pé no terreo da canción tamén, pero a rima sí que lle confire ás palabras, ás veces, un brillo inesperado, a palabras que, por sí soas, non dirían ou dirían moito menos, pero combinadas e coa forma da rima encontra as imaxes que dan outro vó e outro aire ó poema… Para min, isto, por moito que me digan as entendidas e os entendidos e algúns críticos… Iso non ten caducidade. Se iso se usa con talento, non vexo que sexa unha barreira ou sexa menos poético. É dicir todo o que facemos en cada tempo pois pode estar máis cerca do canon, do patrón, ou máis lonxe; está claro que hai un modelo, unhas normas que poden rixir, pero creo que a poesía e suficientemente amplia e o público tamén para poder escoller con liberdade o que máis che gusta.
¿En procura de que?, coa poesía.
Dunha banda transgredir, busco protestar contra a realidade coa que eu me encontro. O que vexo e insatisfactorio moitas veces, entón o que eu busco é outro contexto, outro plano, ir a outro lugar onde me teña máis sentido, algo de consolo noutro plano que é o plano das palabras, das imaxes, de recuperar intres que, por algún motivo, son especiais para min ou me chaman a atención, busco recompoñer o que na realidade vexo que está totalmente roto e non me ten sentido, encontrar algo que non me da esto no que estamos.
¿Mentres avanzas, falas cunha voz que xa é a túa?
Iso tamén é o que busco na poesía, encontrar o que un é, e dentro diso creo que se pode aspirar a encontrar a túa propia voz, porque, moitas veces, as voces están sepultadas polas lecturas, por ideas preconcebidas do que debe ser un relato, do que debe ser un poema ou unha canción e o que estás facendo e repetindo cousas mal aprendidas. Creo que é fundamental, imprescindible, empaparse de boa literatura, de boa poesía, para min é fundamental, a no ser que sexas un xenio loco, e ainda así (riso, de novo, aberto, que invita) pero eu creo que o tema é aprender o mellor posible a observar e a deixarse levar por esa cuestión, a mirar e logo non querer aferrarse demasiado a ningunha forma preconcebida.
Por iso escribín un libro de poesía e non unha novela, porque casa mellor co que eu son, nesa viaxe a buscar a túa voz ás veces acabas en cousas que se afastan totalmente do que pode ser un libro máis ó uso. Foi a forma que eu encontrei, e tíñame sentido iso. A min me ten sentido o do cómic que é unha viaxe á infancia e encontrar aí cousas, e o do texto do final… Todo iso tamén me da pistas a min de por onde van os meus tiros… Ao millor non son estrictamente un poeta ou autor de poesía. (O riso como cuestionamento).
O texto que pecha o libro pode sorprender ou alterar ou sacar a alguén do camiño…
O texto do final é como una gran broma. Sobre todo porque na parte A hai poemas de todo tipo, pero bastante serios – escribilos tampouco é a cousa máis agradable – pero, ao mesmo tempo, tampouco son unha persoa… un cenizo (divertido riso)… Necesito rirme e necesito humor tamén, necesitaba ao final desconcertar un pouco, que as lectoras e lectores agradecesen tamén, coma min, algo, outra cousa, no medio dun libro de poesía. Parecíame divertido e lle daba outro aire.
O xogo está presente na túa escrita, non sempre, pero sí en ocasións concretas, hai unha chamada a entrar nel. No texto final se xoga.
Fago o que me divirte a min como lector tamén, aspiraba a escribir algo que, como lector, a min me gustase, eu son afeccionado tamén aos textos apócrifos, e empezoume aí a idea dunha xeración de suicidas, empecei a imaxinarme historias…
¿Por qué e galego?
Entendo que a nosa literatura transcurre nun lugar e nun contexto moi determinado que é este, eu respeto por suposto todas as orientacións de cadaquén, pero paréceme fundamental tomar partido polas cousas, e xa que tes a oportunidade que o que ti pensas e escribes pode chegar a alguén… Pero penso que tamén é necesario o outro. Quen escribe ten que ser independente e non estar supeditado a ningún tipo de siglas, pero é necesario pronunciarse sobre o que un pensa. Creo que é necesario poñer en valor a cultura e a lingua cunha visión independente.
***
Blus do Rei Bermang = B.B. King
O tempo guinda a súa pedra ao vento/
e a miña infancia desaparece no mar/
ondas circulares de lembranza/
ascenden nos ecos da miña memoria/
a morte é un grao de area nunha ostra/
que acariña con nácara o soño da perla/
apértome e afundo na presenza das cousas/
fuxindo de razóns que ninguén sabe: sen dor non hai blues/sen feitizo só queda a area.
***
A miña terra, a nosa terra
A miña terra é un carreiro gastado
a miña terra é un pai que morreu
a miña terra é non estar ao teu lado
a miña terra é un laio que é meu.
A miña terra é sempre fóra de xogo
a miña terra é unha autovía a Madrid
a miña terra é o mar no que afogo
a miña terra é estar lonxe de ti.
A miña terra é perder os de sempre
a miña terra é ese carro sen bois
a miña terra é unha morte silente
a miña terra descarrila en Angrois.
A miña terra é aquel pobre demo
a miña terra non sabe soñar
a miña terra é o soño que temo
a miña terra é unha illa sen mar.
A miña terra é perder os amigos
a miña terra é facerme maior
a miña terra é non crer no que digo
a miña terra é non ser o mellor.
A miña terra castiga os estetas
a miña terra prefire esquecer
a miña terra está nas cunetas
a miña terra non quere saber.
A miña terra é mirarse no embigo
a miña terra é unha morte fatal
a miña terra vai sempre comigo
a miña terra é Siniestro Total.
A miña terra é miope e suicida
a miña terra non soubo nacer
a miña terra é unha musa espida
a miña terra aínda está por facer.
A miña terra é cela sen muros
a miña terra non sabe a canción
a miña terra son anos escuros
a miña terra repite a oración.
A miña terra é faltarme as palabras
a miña terra é rabia e saber
a miña terra é temer que non abras
a miña terra é ser ou non ser.
A nosa terra é un verso perdido
a nosa terra é unha horta sen fin
a nosa terra é afogo e zunido
a nosa terra é a que berra por min.
A nosa terra é mirar ao outro lado
a nosa terra é un perpetuo roubar
a nosa terra é aquel preso fugado
a nosa terra adormece nun bar.
A nosa terra é a terra galega
a nosa terra xa foi sempre así
a nosa terra é lenda chairega
onde o ceo é sempre gris.
Lois Pérez.
Long Play. Xerais, 2017[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=»1/6″][/vc_column][/vc_row]